19 dic 2012

Proxección do documental "A doutrina do Shock"


Este venres 21de decembro, ás 20h. na Biblioteca de Marín, o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns vai proxectar o documental baseado no libro de Naomi Klein“A doutrina do SOCK: auxe do capitalismo do desastre”.
Este documental foi realizado no ano 2009 baixo a dirección de Michael Winterbotton e Mat Whitecross. Fai unha análise das políticas económicas inspiradas polo premio nóbel Milton Friedman e a “famosa” Escola Económica de Chicago, principiais ideólogos do que se denominou Neoliberalismo.
Este modelo económico foi implantado fundamentalmente en países do terceiro mundo aproveitando catástrofes naturais como o tsunami de 2004 ou os golpes de estado dos anos 70 en Chile e Arxentina. As medidas impopulares que se aplican con este modelo económico só son posíbeis cando a sociedade está en estado de sock e non pode reaccionar contra elas.
Como nos anos 70 hoxe en toda Europa o modelo neoliberal se aplica de norte a sur, en distintos graos, privatizando os servizos públicos e reducindo o estado de benestar. A crise é o detonante da aceleración das políticas neoliberais en Europa, afectando con máis gravidade os países do sur: Portugal, España, Italia e Grecia.
movementobenscomuns.wordpress.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario