25 dic 2012

Presentación do libro "Franquismo serôdio e transiçom democrática na Galiza" de Carlos Velasco



Acto: Presentación do libro "Franquismo Serôdio e transiçom democrática na Galiza" de Carlos velasco.
Día: 27 de decembro.
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: APRMHM


Asociación pola a Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza este vindeiro xoves 27 de decembro, e dentro dos actos adicados á lembranza dos executados en Marín na fin de ano do 1936, á presentación do libro de Carlos Velasco Souto "Franquismo Serôdio e transiçom democrática na Galiza (1960-1981)" que terá lugar na Biblioteca Municipal Vidal Pazos ás 20h00. A presentación correrá a cargo de Xosé Álvarez Castro autor do blogue "Pontevedra nos anos do medo".
"Aborda-se neste livro a síntese de um período crucial da nossa história recente da perspectiva do câmbio social, mas pondo de relevo tambén as altas doses de continuidade que o caraterizam. Umha continuidade percetível, entre outros indicadores, na pervivência até aos nossos dias das mesmas elites sociais e políticas galegas -quer dizer, da burguesia- outrora beneficiárias da ditadura, cujo modelo de dominaçom se viu reforçado através de um peculiar processo de transiçcom democrática, por elas comandado, de consequências devastadoras para o futuro do país".

Carlos F. Velasco Souto (Tomeza, Pontevedra, 1958) é doutor en Xeografia e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela; profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade da Coruña e presidente da Asociación Galega de Historiadores (AGH).
Investigador especializado en movementos sociais da Galiza contemporánea, represión franquista e memoria histórica, é autor de numerosos obras e artigos neses campos. Entre as súas obras figuran:
  • A sociedade galega da Restauración na obra literária de Pardo Bazán (1875-1900) (Pontevedra, Gráficas Portela, 1987);
  • Agitaçons campesinas na Galiza do século XIX (Santiago, Laiovento, 1995);
  • Labregos Insubmissos(Santiago, Laiovento 2000);
  • Galiza na II República (Vigo, A Nosa Terra, 2000);
  • O Agrarismo Galego (Santiago, Laiovento, 2002);
  • 1936 Repressom e Alçamento militar na Galiza (Vigo, A Nosa Terra, 2006);
  • A represión franquista en Oleiros (1936-1950) (Oleiros, Trifolium, 2008) e
  • Piñeiro e o piñeirismo em perspectiva histórica (Santiago, Laiovento, 2009).

+info:

No hay comentarios:

Publicar un comentario