19 jul 2013

Palestra: Soberanía nacional contra a opresión do capital

Acto: Palestra: Soberanía nacional contra a opresión do capital
Día: 23 de xullo
Hora: 20:30H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Colectivo Nacionalista de Marín-PCPG (Partido Comunista do Povo Galego)
Con motivo da celebración do vindeiro día da Patria Galega, o 25 de Xullo, o Colectivo Nacionalista e o Partido Comunista do Povo Galego, organizamos un debate en Marín sobre a necesidade da soberanía nacional nas nacións sen estado que integran o estado español.
O pasado 19 de abril organizamos un debate con distintas forzas políticas galegas para coñecer as propostas para sairmos da crise de cada unha delas. Un dos principais puntos de acordo daquel debate era a necesidade de acadar a soberanía nacional para poder decidir por nós mesmos o noso futuro sen inxerencias de Madrid ou Bruxelas.
Na actual situación de crise e descomposición do modelo autonómico, saído da chamada “transición” e do “café para todos”,  tendente a disimular as realidades nacionais do estado, estanse a dar procesos que camiñan cara a libre decisión dos pobos. Se ben este debate sempre estivo na mesa de nacións como Euskal Herria ou os Països Catalans, agora estamos asistindo, en distintos niveis, a unha crecente demanda popular noutros pobos por exercer o dereito á autodeterminación no que Galiza non pode ficar atrás.
Para debater e coñecer como están os procesos de emancipación doutras nacións sen estado o Colectivo Nacionalista de Marín xunto co Partido Comunista do Povo Galego organiza este 23 de xullo a partir das 20:30h na biblioteca de Marín un acto no que participarán representantes de Euskal Herria, Països Cataláns e Andalucía. Contaremos con Iñaki Gil de San Vicente e Andoni Baserrigorria, en representación de Euskal Herria, Nacho Franquelo, por Andalucía, e un representante dos Paisos Cataláns pendente de confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario