Acto: "Pola
soberanía, o futuro e a democracia. Ruptura coa Unión Europea"
Día: 31 de xaneiro
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Colectivo
Nacionalista de Marín-PCPG (Partido Comunista do Povo Galego)-MGS (Movemento
Galego ao Socialismo)
As organizacións
Colectivo Nacionalista de Marín, Movemento Galego ao Socialismo e o Partido
Comunista do Povo Galego queremos aportar unha visión distinta ao debate sobre
o que representa e como nós afecta pertencer á Unión Europea. Un asunto que
neste ano 2014 vai estar de permanente actualidade, pois no mes de Maio vanse
celebrar eleccións ao parlamento europeo. Con tal motivo, o próximo 31 de
Xaneiro organizamos un acto público co título "Pola soberanía, o futuro e
a democracia.
Ruptura coa Unión Europea", coa intervención do xornalista Xosé Emilio
Vicente.
Historicamente o
soberanismo galego mantivo unha posición contraria á Unión Europea, rexeitando
a entrada na daquela Comunidade Económica Europea, xa o nome deixaba en
evidencia os intereses que ia defender, opoñéndose ao Tratado de Maastrich no
ano 92 e facendo campaña contra o frustrado Tratado para a Constitución Europea
no 2005.
Os nosos sectores
produtivos fundamentais, agro, pesca e industria foron sacrificados para entrar
na UE, deixando a Galiza como subministradora de materias primas e man de obra
barata. En Marín sabemos ben o que é padecer as políticas de reconversión pesqueira,
desmantelamento e exportación de buques ou expulsión dos caladoiros
tradicionais, implementadas pola UE coa complicidade do estado español.
Estamos ante unha
institución cun grande déficit democrático, un parlamento cunhas competencias
moi limitadas que só serve para lexitimar “democraticamente” a UE mentres a
toma de decisións real está en mans dos xefes de goberno dos estados membros
que defenden os intereses dos grandes grupos empresariais.
Outro dos aspectos máis
negativos da UE foi a unión monetaria e a entrada en funcionamento do euro, que
provocou unha perda de poder adquisitivo para a poboación galega e unha cesión
das competencias en política monetaria por parte dos estados. Todo isto en
beneficio do grande capital e dos países máis fortes da unión, como Alemaña,
que toman decisións en función dos seus intereses sen importarlles o futuro dos
pobos que sofren estas políticas. Impoñendo “rescates” bancarios a cambio de
recortes salariais, de pensións, de dereitos laborais, etc.
Consideramos portanto á
Unión Europea unha costrucción capitalista irreconciliábel cos intereses dos
pobos e apostamos claramente por unha Galiza soberana fóra da UE. Pretendemos
con este acto contribuir a impulsar ese debate urxente no conxunto das
organizacóns políticas e sociais do noso país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario