19 ene 2014

Mesa debate "A proposito da reforma da Lei do Aborto"

Acto: Mesa debate "A proposito da reforma da Lei do Aborto"
Día: 30 de xaneiro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión "Portocelo" organiza un debate sobre un dos temas máis controvertidos do momento, o aborto, que terá lugar o xoves, día 30, na Biblioteca Pública ás 20 horas, baixo o título "A propósito da reforma da lei do aborto". Este foro pretende achegar aos marinenses ao debate social sobre o asunto máis discutido e polémico nestes momentos entre a sociedade e incluso dun conflito político interno dentro do partido do Goberno en cuxo seo está causando unha forte división. 
A mesa do debate estará composta pola escritora e xornalista Elena Gallego Abad que fará ás veces de presentadora, moderadora e contertulia, e por dúas acreditadas poñentes moi relacionadas co tema. Por unha banda Coloma Viúdez, portavoz das asociacións da Red Madre en Galicia, e profesora asociada a Universidade de Vigo. E por outra Antolina Fernández González, psicóloga, e histórica integrante do colectivo Mulleres de Pontevedra, ademais de inagotable loitadora polos dereitos da muller. Ambas poñentes, que participan nesta mesa de debate organizada por Angel García Carragal, participaron en numerosos foros sobre o aborto nestes últimos tempos. Tamén intervevirá o médico Dr. Diego Muirllo Solis, como compoñente da Comisión Deontolóxica do Colexio de Médicos de Pontevedra, autor do informe deontolóxico sobre o anteproxecto da Lei do Aborto.
Ademais e como elemento enriquecedor do debate será presentada unha ponencia da asociación 'Católicas polo Dereito a Decidir' de España, presidida pola teóloga marinense Mar Grandal Seco.

1 comentario:

  1. Pareceme un interesante panel . Espero que "den xogo" e tempo para un debate aberto co numeroso público que estou convencido asistira ó debate. Noraboa a A. Carregal por "despolitizalo" debate e abrilo cara á sociedae.

    ResponderEliminar