28 may 2014

Conmemoración do 70 aniversario da publicación de Sempre en Galiza

Acto: "Conmemoración do 70 aniversario da publicación de Sempre en Galiza"
Día: 11 de xuño
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión PORTOCELO conmemorará o 70 aniversario da publicación Sempre en Galiza de Alfonso D. Rodríguez Castelao  o vindeiro día 11 de xuño, mércores, na Biblioteca Pública Municipal. 
O acto será presentado por Héctor Silveiro, profesor do colexio San Narciso de Marín e membro da Real Academia Galega (RAG) e constará dunha conferencia que, baixo o titulo de "Aspectos económicos do pensamento de Castelao",  pronunciará o actual presidente da Fundación Catelao, que colabora co evento, Carlos Mella Villar, licenciado en Dereito e Ciencias Económicas, politico, escritor e ex vicepresidente da Xunta de Galicia. 
Ao remate da disertación Héctor Silveiro lerá unha pasaxe da obra canónica do nacionalismo galego. Un concerto da Coral do Centro Sociocomunitario de Marín porá peche o acto. A entrada é libre a todas as persoas que desexen asistir.

1 comentario:

  1. En el encabezado pon día 1, pero como se explica no texto é o día 11, mércores.

    ResponderEliminar