6 jun 2014

Aniversario Fundación da Asociación Socio Cultural A Cañota na Memoria

Acto: Aniversario Fundación da Asociación Socio Cultural A Cañota na Memoria
Día:  14 de xuño
Hora: 19:30 horas
Lugar: Pavillón Polideportivo da Laxe
Organiza: Asociación Socio Cultural A Cañota na Memoria
O vindeiro 14 de xuño o pavillón Polideportivo da Laxe acollerá a celebración do quinto aniversario da fundación da Asociación Socio Cultural "A Cañota na Memoria", cunha programación especial consistente no acto de entrega da distinción de honra ao colexio público da Laxe fundado a comezos dos anos setenta.
A vinculación da Cañota con este colexio establécese a través dunha poboación escolar composta na súa maioría por rapaces e rapazas da popular barriada. No acto que contará coa actuación do grupo "Os Chaneiros", estará presente a primeira directora do centro, Dª Margarita Pérez Angulo, a súa vez ex profesora de moitos ex alumnos que forman parte do colectivo "cañoteiro". Así mesmo terá lugar unha ofrensa floral (prégase aos asistentes que o desexen que acudan portando unha flor) ante o monumento erixido na honra dos antepasados "cañoteiros" e primeiros poboadores da barriada, rematando a xornada cunha cea-baile no restaurante O Mesón do Arrieiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario