20 jun 2014

Teatro "Farsa de Inés Pereira"

Acto: Teatro "Farsa de Inés Pereira"
Día:  27 de xuño
Hora: 21 horas
Lugar: Instituto Illa de Tambo
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
O grupo de teatro da Asociación Queremos Galego Marín estreará este venres, 27 de xuño, ás 21h no salón de actos do IES Illa de Tambo a obra de teatro “Farsa de Inés Pereira”.
Desde a asociación entendemos o teatro como unha ferramenta máis coa que promocionar a nosa lingua e a nosa cultura, por iso, o pasado outono da man do actor, director e dramaturgo, Zé Paredes, puxemos en marcha o noso propio grupo de teatro.
O elenco actoral está composto por 11 persoas que interpretarán os distintos papeis desta peza teatral escrita en 1520 por Gil Vicente, e respectuosamente adaptada por Zé Paredes, cuxo argumento vén dado polo dito popular “máis quero asno que me leve que cabalo que me derrube”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario