16 dic 2014

Charla-coloquio "Centenario da Alianza Mariñeira en Marín (1914-2014)

Acto: Charla-coloquio "Centenario da Alianza Mariñeira en Marín (1914-2014)
Día: 19 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín

Organiza: Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
A Asociacion para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín ,chegado o mes de decembro,homenaxea e recorda os veciños da vila, vítimas do Levantamento Militar que tivo como primordial obxectivo   desmantelar o Réxime Democrático iniciado coa 2ª República.
Coincidindo este ano o Centenario da Unión de Pescadores A Alianza Mariñeira 1914-2014,queremos adicar aos mariñeiros da nosa vila que loitaron dentro das organizacións por mellorar as súas condicións de vida, sendo este colectivo o máis perseguido e represaliado.
O vindeiro  venres 19 de decembro ás 20h na biblioteca de Marín, a Asociación organiza unha charla-coloquio a cargo do investigador marinense Celso Milleiro que analizará a evolución do asociacionismo do mar dende finais do século XIX en Marín.

A Alianza Mariñeira tivo o seu domicilio en Marín na rúa de Riestra nº 14( rúa da Ponte) sendo o seu primeiro presidente Alejandro de los Santos Zapatero. e estando formada a primeira Comisión Organizadora por Andrés Iglesias Otero, José Rodríguez e Laureano Arosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario