19 feb 2015

Homenaxe á Burra Chirica

Acto: Homenaxe á Burra Chirica
Día: 21 de febreiro
Hora: 17h
Lugar: Seixo
Organiza: Grupo Cultural O Ronsel
Seixo vivirá un ano máis a tradición recuperada polo Grupo Cultural O Ronsel de homenaxear a Burra Chirica. O "Santo Animal" como tamén se lle denomina será homenaxedo polos seus esforzos cun desfile que partirá ás 17h deste sábado 21 de febreiro desde San Blas e chegará á Casa da Cultura de Seixo, onde o animal recibira un saco de cebada. A continuación celebrarase o baile infantil amenizado polo duo Karamelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario