2 may. 2015

II Festival/ Exhibición Pro Riders Festas do Cantodarea

Acto: II Festival/ Exhibición Pro Riders Festas do Cantodarea
Día: 9 e 23 de maio
Hora: 16:30
Lugar: Skatepark do Parque Azul de Cantodarea
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Marín Pro Riders
Despois de suspensión, por mor do mal tempo, o II Festival/Exhibición Pro Riders do Cantodarea ten novas datas, o 9 e o 23 de maio, facéndose en semanas diferentes as competicións para non coincidir con outros eventos similares.
O 9 de maio será o día da competición de BMX e Scooter  abríndose a inscrición a partir das 12h para as categorías sub-18 e open. A inscrición que custa 3 e 5€ respectivamente inclúe bocata máis refresco ou auga e o dereito a participar no sorteo de material e obriga de usar casco durante a competición. Xa a partir das 17h comezará a competición coas primeiras roldas clasificatorias tanto de scooter como de BMX para concluír a xornada coa entrega de premios ás 21h.
Premios:

Categoría SUB-18:

Primer premio = trofeo + material
Segundo premio = trofeo + material
Tercer premio = trofeo


Categoría OPEN:

Primer premio = 100 € + trofeo 
Segundo premio = 50 € + trofeo
Tercer premio = trofeo

No hay comentarios:

Publicar un comentario