24 jun. 2015

Concerto benéfico Protectora de Animais de Marín

Acto: Concerto benéfico
Día: 26 de xuño
Hora: 20h
Lugar: Multiusos Praza de Abastos
Organiza: Protectora de Animais de Marín
A protectora de Animais de Marín organiza un concerto para recadar fondos este venres 26 de xuño a partir das 20h no Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
No concerto pensado para recadar os cartos necesarios para que a protectora faga fronte ás súas débedas e poder seguir adiante co seu labor de axuda aos animais, actuarán as pandereteiras Leitaregas e o grupo Breakin´Bones, custando a entreda o prezo simbólico dun euro.
Ademais de bebidas e bocatas feitas pola propia protectora haberá huchas para quen quixer faga a súa doazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario