22 ago 2015

Asemblea aberta das Marchas da Dignidade

Acto: Asemblea
Día: 11 de setembro
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Marchas da Dignidade
A Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade celebrará unha asemblea aberta en Marín o vindeiro 11 de setembro a partir das 21h na biblioteca de Marín. Nesta asemblea aberta participarán Manolo Camaño, secretario xeral do sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT), e Mariela Duarte da Asemblea Popular de Vigo.
As Marchas da Dignidade é unha iniciativa de distintos sindicatos, organizacións sociais e políticas que naceu para confluíren nunha grande manifestación o 22 de marzo do ano 2013 en Madrid baixo as consignas de non ao pago da débeda, traballo digno e casa e servizos públicos para todas e todos. Despois desta manifestación, que se repetiu no ano 2014, esta iniciativa levou a cabo outras accións e manifestacións no territorio galego.
Esta asemblea servirá para dar a coñecer entre a clase traballadora a nova mobilización que terá lugar en Compostela o 24 de outubro e a II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade que se celebrará o 19 de setembro no Paraninfo da Universidade da Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario