7 nov 2015

Proxección "Camiño á escola"

Acto: Proxección "Camiño á escola"
Día:  12 de novembro
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O Ateneo Santa Cecilia de Marín retoma esta semana os ‘Xoves de cine’ cun ciclo de películas de temática educativa: a primera proxección, ás 21:00 horas na Biblioteca Pública Municipal, será o documental “Camiño á escola”, dirixido por Pascal Plisson, con guión do propio Plisson e Marie Claire Javoy. Narra a historia real de tres nenos e unha nena que teñen que enfrontarse a situacións de perigo, percorrer longas distancias e superar moitas adversidades para iren ao colexio.
Samuel na India, Carlitos en Arxentina, Jackson en Kenia e Zahira en Marrocos viven moi lonxe uns dos outros pero comparten o desexo de aprender e formarse para ter un futuro mellor. Este filme, realizado en colaboración coa ONG Axuda en Acción e co patrocinio da UNESCO, gañou en Francia o Premio Cesar 2014 ao mellor documental e tamén foi galardoado no Festival de Locarno, en Suiza.
Pascal Plisson tense referido a este documental como “unha  viaxe espiritual e interior” para os catro protagonistas “que lles permite saír da etapa da infancia para converterse en adultos”. O director ten louvado destes rapaces -“os primeiros da súa familia en ir á escola”- polo “valor” e pola “fe” que teñen “no futuro e na súa sociedade”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario