18 dic. 2016

Exposición “Eu son miña”

Acto: Exposición “Eu son miña”
Data: 20 de decembro
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
Este martes, 20 de decembro, inaugúrase a exposición colectiva sobre a muller “Eu son miña” comisariada por Ana C. Domínguez, Sabela C. Ruibal, Gaxdaly Ameijeiras, Adela Caeiro e mentorizada pola Asociación de Mulleres O Abeiro.
A mostra conta coa participación das artistas Estela Pérez, Anabel Montouto, Sara LaTouze, Nerea Mazorcas, Andrea Davila, Ana Puga e Sugnix.
“Eu son miña” é unha exposición colectiva inédita, onde as sete artistas dialogan sobre as diferenzas en canto ao xénero e tratan, desde diferentes puntos de vista, o feminismo.
Esta exposición pretende facer reflexionar o público sobor da individualidade da muller e o seu papel na sociedade actual.
As obras expostas pertencen ás diferentes disciplinas artísticas, desde pintura ou fotografía ata a escultura e técnicas mixtas.
A exposición poderá verse desde o propio día 20h, a partir das 20:30h ata o vindeiro 30 de decembro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario