Fotografar a noite. Saída fotográfica
nocturna
Día: 15 de xuño
Hora: 23h
Lugar: Área recreativa do Pornedo
Organiza: Asociación Queremos Galego
Marín
A Asociación Queremos Galego Marín
remata as minixornadas “O outro lado da luz. A contaminación luminosa” este
venres, 15 de xuño, cunha saída fotográfica nocturna ao Monte Pornedo.
O punto de encontro será ás 23h na área
recreativa do Pornedo – á beira da estrada que vai de San Xián a Figueirido-
aínda que para a xente que non teña coche ou non coñeza a zona, os membros da
asociación quedarán ás 22:45h na caseta de turismo de Marín.
Unha vez agrupadas todas as persoas que
participen, subirase ata o miradoiro do Pornedo para dende alí fotografar Marín
e comprobar os efectos da contaminación luminosa que emite a nosa vila e as
demais da ría. E se o ceo e a contaminación luminosa o permiten, tamén se
realizarán fotografías á vía láctea.
Para participar nesta saída é preciso
traer unha cámara de fotos con modo manual, un trípode, un disparador remoto,
lanternas, roupa de abrigo e calzado cómodo.
Esta actividade é aberta a todas aquelas
persoas que, con independencia dos seus coñecementos en fotografía e/ou
astronomía, desexen participar e pasar unha boa noite observando e fotografando
as estrelas.
Cómpre aclarar que non é ningún curso
onde un profesional lle explicará a cada unha das persoas que participen como
realizar fotografías. Trátase de que as persoas que participen compartan os
seus coñecementos de fotografía e/ou astronomía cos demais e entre todas e
todos observar como a contaminación luminosa nos está a privar, en maior ou
menor medida, de gozar co ceo nocturno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario