30 dic 2012

Campaña de apoio a "Rexurdir Pontevedra

Rexurdir Pontevedra desenvolve unha campaña de apoio a cidadáns con recurso básicos, situación de marxinación ou exclusión social.
O primeiro almorzo-leite ou cacao quente, biscoitos ou galletas-é o sustento inicial para estas persoas, moitas delas pernoctan na rúa, en portais ou caixeiros.
O incremento de demandantes desta colaboración altruísta ten sido nas últimas semanas arrepiante. Os recursos materiais de Rexurdir esgótanse a unha velocidade sorprendente.
Por iso a Asociación de Mulleres "O Abeiro" solicita a doazón de materias básicas para sobrelevar as noites de invernía e as primeiras horas do día.

  • Leite...
  • Cacaos solubles...
  • Sucre...
  • Galletas ou biscoitos...
  • Mantas ou cobertores...
E calquera outra axuda material que poida contribuír a minguar a lamentable situación destes colectivos.
Deixa a túa doazón no local da Asociación: Cámara agraria-Banda do Río nº3 Baixo-tardes de 5:00 a 8:00 ou chama ao 6923146400.

No hay comentarios:

Publicar un comentario