Lugar:
Paseo Marítimo Antonio Blanco Organiza:
APRMHM
A
Asociación
pola a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMHM)
organiza este vindeiroluns
31 de decembro ás 13 horas no Paseo Marítimo "Antonio Blanco",
e dentro da semana de actividades dedicadas á lembranza dos
executados en Marín no fin de ano do 1936, o Acto de Recordo e
Homenaxe que cada ano fai a un grupo de marinenses (Bernardino de la
Torre, Albino Agraso, Amando Iglesias, Demetrio Lorenzo e Santiago
Ramos) que xunto co alcalde Antonio Blanco Solla, foron fusilados en
Monte Porreiro (Pontevedra) polas forzas militares sublevadas.
A
principal intervención durante o acto, será a de Miguel Ángel Cuña
Casasbellas (Vicepresidente da Fundación Cuña-Casasbellas e
Secretario Xeral do Sindicato Único de Trabajadores “Solidaridad
Obrera” de Pontevedra de la CGT), que ocupará o lugar doutros
destacados participantes de anteriores edicións. Tamén o fará a
presidenta da ARMHM, Enriqueta Otero. O acto rematará cunha ofrenda
floral ao pé do monólito conmemorativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario