30 dic 2012

Entrega de premios do concurso "Cartas ao Apalpador"



Acto: Entrega de premios do concurso "Cartas ao Apalpador"
Día: 31 de decembro.
Hora: 18 H
Lugar: Carpa da Feira de Artesanía Nadal Marín, Parque Eguren
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín


O vindeiro sábado 31 de decembro a Asociación Queremos Galego Marín fará entrega dos premios do concurso “Cartas ao Apalpador”, no que participaron máis de douscentos alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria dos diversos centros de ensino da vila. Dende QGM amosan a súa satisfacción e agradecemento pola implicación da comunidade educativa, destacando a alta participación dos centros pero sobre todo nos CEIP A Laxe e CEIP Seixo.
A entrega dos galardóns, que contará coa presenza do propio Apalpador, en colaboración coa A. C. Almuinha, será na carpa de actividades da Feira de Artesanía NadalMarin (Parque Eguren) organizada pola Asociación de Artesáns Marinenses ás 18h00. Os agasallos serán xoguetes de materiais naturais e respectuosos co medio ambiente. A cerimonia será presentada pola marinense Belén Canosa. Fontes de QGM indican que xa enviaron a súa propia carta ao Apalpador "pedíndolle que interceda ante quen corresponda para que as agresións que sofre a nosa lingua por parte das distintas administracións non impidan que teña mil primaveras máis”
O fallo do xurado:
  • Categoría Infantil. Anxo Pesqueira Ferreirós (CEIP Seixo).
  • Primeiro Ciclo Educación Primaria. Xiana cursando 2A (CEIP A Laxe).
  • Segundo Ciclo de Educación Primaria. Ainara Herrán Iglesias. (CEIP Sequelo).
  • Terceiro Ciclo de Educación Primaria. Premio compartido
  • Alejandro Omil Carracelas. (CEIP Seixo)
  • Victor Manuel cursa 5B (CEIP A Laxe)

No hay comentarios:

Publicar un comentario