2 feb 2013

Charla sobre o desmantelamento do transporte ferroviario

Acto: Charla "O desmantelamento do transporte ferroviario"
Día: 8 de febreiro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca Municipal de Marín
Organiza: Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns

O Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns organiza este venres 7 de febreiro unha charla coloquio a partir das 20h na biblioteca de Marín sobre o desmantelamento e privatización do transporte ferroviario.
Co único obxectivo de beneficiar a empresas amigas e en detrimento dos intereses xerais da poboación o goberno español está avanzando cara a privatización do ferrocarril público.
Por outra banda, tanto o goberno español como o galego están apostando polo modelo de alta velocidade fronte a un tren tradicional con altas prestacións, o desaparecendo tanto estacións como percorridos, deixando a poboacións enteiras sen un servizo básico.
Un sector estratéxico como o ferrocarril debe estar ao servizo da sociedade e debe xestionarse desde o público, con transparencia e control democrático para garantir un servizo de transporte sostíbel, de calidade e asequíbel para toda a poboación.
Para falar de todo isto contaremos coa presenza de representantes do SF (Sindicato Ferroviario) e da Plataforma Salva o Tren. O acto ao que convidamos a toda a cidadanía é aberto.
movementobenscomuns.wordpress.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario