30 ene 2013

Conferencia "O entroido e os praceres da carne"


Acto: Conferencia "O entroido e os praceres da carne"
Día: 7 de febreiro
Hora: 20 horas
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Clube de Opinión Portocelo

O Clube de Opinión PORTOCELO coa colaboración da concellaría de Cultura abre a programación do Entroido de Marín 2013 con unha conferencia sobre ‘O entroido e os praceres da carne’ que estará a cargo do antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro, profesor de Antropoloxía da Universidade de Santiago (USC), que será presentado polo histórico colaborador do carnaval marinense, Lois G. Dopazo. Previamente a conferencia a dinamizadora cultural Queta Otero- Molasfará unha breve disertación sobre O Entroido de Marín dos anos veinte. O, co que se inaugura o entroido marinense, terá lugar o XOVES DÍA 7 as 20.00 h. no Museo Manuel Torres e a entrada será libre.

1 comentario:

  1. El cartel interesantísimo. Destacar la idoneidad de los mascarones. No es de extrañar dada la ausencia de signos de identidad propios del carnaval de Marín.

    ResponderEliminar