Día: 22 de marzo
Hora: 19:30
Lugar: Museo Manuel Torres
Hora: 19:30
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro e a Asociación Queremos Galego Marín

A Asociación de Mulleres O Abeiro e a
asociación a prol da lingua e cultura galega, Queremos Galego Marín,
suman as súas forzas para rendir homenaxe á nosa matriarca, Rosalía
de Castro no 150 aniversario da publicación do que foi o primeiro
libro íntegro monolíngüe do renacemento da nosa literatura culta.
Para isto presentan unha programación conxunta que consiste na
exposición “Rosalía sempre viva, Viva Rosalía!” que se
inaugurará este vindeiro venres 22 de marzo ás 19h30 no Museo
Manuel Torres. Esta mostra é froito da colaboración entre a
Fundación Manuel María e o Concello de Pontevedra, e conmemora o
125 aniversario do falecemento da escritora. A exposición fai un
amplo percorrido polas diferentes vertentes da vida e obra da
literata mostrándonos unha Rosalía culta, revolucionaria,
feminista, universal e fundadora da literatura contemporánea. A
exposición estará para o desfrute da veciñanza até o vindeiro 31
de marzo.
Seguidamente, ás 20h00, no propio
Museo Manuel Torres, continuarase coa conferencia “A poesía
rosaliana como símbolo da identidade galega” a cargo do profesor
de historia da filosofía Santiago Losada Carregal.
Tanto dende A Asociación de Mulleres
O Abeiro coma a Asociación Queremos Galego Marín, queremos destacar
a Rosalía como unha verdadeira precursora na defensa dos dereitos
das mulleres na súa época, por iso non é casualidade a elección
do mes de marzo para a realización das actividades. Tamén queremos
incidir en que a pretensión destes actos é “divulgar a verdadeira
dimensión expresiva e reivindicativa da escritora compostelá,
símbolo do seu tempo e tan viva nos tempos actuais”, ademais de
“visionaria do futuro do noso idioma”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario