12 mar 2013

Xuntanza de Creadoras


Acto: Xuntanza de creadoras
Día: 13 de marzo
Hora: 20:00 horas
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O encontro consistirá nunha reunión de creadoras, como un pequeno café onde se dialogará arredor de varios temas de actualidade que expoñemos a continuación.
Consideramos que o mes de marzo é unha boa oportunidade para dialogar arredor á muller como creadora e artista e para iso non hai mellor contexto que unha exposición conmemorativa do "8 de marzo".

Creadoras Invitadas:

  • Basilisa Fiestras; Licenciada en Belas Artes e Máster en comisariado de exposicións.
  • Beatriz Suárez; Licenciada en Belas Artes, Máster en crítica e museoloxía e galerista.
  • Celeste Garrido; Licenciada en Belas Artes, Máster en creatividade, profesora de secundaria e comisaria de Voilà la femme.
  • Monse Cea; Licenciada en  Historia da Arte, Comisaria independente e Crítica de Arte.
  • Paula Cabaleiro; Licenciada en Belas Artes Máster en crítica e museoloxía e galerista.
Temas a tratar:

Falaremos sobre a exposición Voilá la femme, para pór en valor unha mostra de 20 anos de traxectoria.
Trataremos de buscar unha fórmula que permita incluir en Voilà la femme a estudantes doutras facultades de Belas Artes de España.
Sobre o perfil da muller creadora na actualidade, as súas inquietudes, propostas e aportacións. As problemáticas que adoita tratar nas súas obras.

As estudantes de Belas Artes e os seus intereses á hora de escoller esta Licenciatura. Que esperan desta licenciatura?
Sobre as condicións laborais da muller que se adica ao ámbito do artístico. Como afecta a crise a este sector?
Falaremos das iniciativas de mulleres emprendedoras que desenvolveran proxectos relacionados co mundo da arte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario