12 mar 2013

Roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

Acto: Roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños
Día: 17 de marzo
Hora: 10:00 horas
Lugar: Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños
Organiza: Almuinha e Comisión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

A A.C. Almuinha e a comisión do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizamos un roteiro pola zona do Espazo dos Sete Camiños o vindeiro domingo 17 de Marzo, que sairá ás 10:00h da Área Recreativa do Monte Pornedo,ainda que quedaremos ás 9:45 ao carón da Estación de Autobuses de Marín para sair desde alí en coche.
Durante o percorrido conmemoraremos o Día da Árbore, que é o 21 de marzo, facendo unha plantación simbólica de varias árbores.


Por outra banda, repartiranse bolsas entre as persoas participantes no roteiro para recollermos o lixo que atopemos polo camiño, e colaborarmos a manter limpos os nosos montes.


Estades tod@s invitad@s!

Natureza, Petróglifos, Mámoas, Paisaxe, Lendas..., e máis! 


Vén coñecer o Espazo dos Sete Camiños!



No hay comentarios:

Publicar un comentario