27 abr 2013

Conferencia "Cantares e Rosalía como Alborada"


Acto: Conferencia "Cantares e Rosalía como Alborada"
Día: 2 de maio
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Clube de opinión Portocelo

Co gallo do 150 aniversario de 'Cantares Galegos' da insigne escritoria Rosalía de Castro o clube de opinión PORTECELO organiza as Xornadas Rosalianas Marinenses que se inauguran o vindeiro día 2 de maio baixo o lema 'Maio longo, maio longo...' cunha conferencia que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal as 20.00 horas a cargo do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta e que será presentada pola escritora e xornalista Elena Gallego Abad.  O acto contará ademais coa colaboración de tres compoñentes do grupo de acción cultural 'Amistad' de Pontevedra, Carmen Gago, escritora; Pepy G. Clavijo, mestra e columnista do Diario de Pontevedra y Eva Ferreirós, mestra; que ofrecerán un recital poético con pezas extraídas de ‘Cantares Galegos’. Nesta actividade colabora tamén a concellería de Cultura que ofrecerá o conferenciante un recordo simbólico do Concello de Marín como recoñecemento á súa colaboración coas actividades culturais organizadas por colectivos culturais extramunicipais, como nesta ocasión o fai co foro de debate marinense PORTOCELO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario