28 abr 2013

Presentación "Banqueiros"


Acto: Presentación "Banqueiros"
Día: 3 de maio
Hora: 20:30H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín


No ano en que o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño, un dos maiores artifices da profesionalización do teatro galego, a Asociación Queremos Galego Marín queremos comezar o mes de maio coa presentación do libro de teatro “Banqueiros” este venres 3 a partir das 20:30h na Biblioteca de Marín.
“Banqueiros” é un libro de teatro de autoría colectiva no que a través de 21 historias curtas outros tantos autores reflicten os seus respectivos puntos de vista sobre os aspectos máis relevantes da crise. Son fragmentos nos que os autores e autoras tentan denunciar o que outros silencian, ocultan ou manipulan utilizando a contundencia da acción teatral como detonante para crear conciencia respecto ao momento crítico polo que estamos a pasar.
En “Banqueiros” coordinado por Francisco Pillado e publicado pola editorial Laiovento  podemos atopar pezas teatrais de autores e autoras como Marcos Abalde, Vicente Araguas, Afonso Becerra, Lino Braxe, Marica Campo, Santiago Cortegoso, Ánxeles Cuña, Lois Diéguez, Manuel Lourenzo, Olivia Pena, Gustavo Pernas, María Xosé Queizán, Henrique Rabuñal, Vanesa Sotelo, Zé Paredes, Diana Varela, Fidel Vidal e Roi Vidal.
“Banqueiros” é finalista xunto con “Novo teatro fantástico” de Manuel Lourenzo do premio á mellor obra publicada no 2012 na modalidade de teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega que se fallará o vindeiro 4 de maio nunha gala no auditorio do Centro Ágora da Coruña.
Para a presentación de “Banqueiros” en Marín contaremos coa presenza de Xosé Manuel Pazos Varela, Xosé María Álvarez Cáccamo e Zé Paredes, tres dos cinco autores do Morrazo que participan no libro.
O acto será presentado polo escritor morracense HenriqueHarguindey quen fará unha breve introdución na que describirá a situación de crise actual e falará das razóns que levaron a publicar un libro destas características.
Tamén e durante o acto os propios autores coa axuda das actrices Mónica Camaño e Casilda Alfaro e o actor Salvador del Río farán unha lectura dramatizada de cadansúa peza teatral no libro: “Farsa da Banca Macabra”, "A Síndrome de Macbeth” e "Espellismos".



No hay comentarios:

Publicar un comentario