5 abr. 2013

Presentación Xornadas Rosalianas

Acto: Presentación Xornadas Rosalianas
Día: 9 de abril
Hora: 19H
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Clube de Opinión Portocelo

O clube de opinión Portocelo organiza baixo o lema "Maio longo, maio longo..." as "I Xornadas Rosalianas Marinenses" coas que o foro de debate marinense aspira a conmemorar o 150 aniversario de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. A programación prevista acollerá diversas actividades culturais como conferencia, recital poético, música, e viaxe cultural, que se desenvolverán o xoves 2 e o domingo 5 de maio respectivamente. A presentación ós diversos colectivos socio-culturais marinenses, e público en xeral, farase o vindeiro martes 9 ás 19.00 horas no Museo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario