Día: 9 de abril
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
Despois da presentación
do libro “Herdeiros pola forza” e da iniciativa patrimoniogalego.net o venres e
da visita ao Castro da Subidá deste sábado as I Xornadas sobre Patrimonio
organizadas pola Asociación Queremos Galego Marín continúan este martes 9 de abril
ás 20h na Biblioteca Municipal coa presentación de “Fol de Veleno.
Anuario de antropoloxía e historia de Galiza” na que intervirán Rafael Quintía (antropólogo, economista, director de
Fol de Veleno e membro da SAGA) e João Bieitez (profesor de plástica e
audiovisuais, responsable do deseño e maquetación do anuario e membro da SAGA)
“FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de
Galiza” é unha publicación
editada pola Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA, na que prevalece o interese
divulgativo e de labor social, nun intento por achegar á cidadanía temas
culturais que normalmente permanecen circunscritos ao ámbito académico ou
especializado. O anuario está pensado, xa que logo, como un espazo libre e de
calidade onde especialistas da etnografía, da arqueoloxía, da historia e da
antropoloxía galega poidan expor as súas achegas e as súas investigacións.
Ademais ofrece aos novos investigadores que traballan no eido da descuberta e
da recuperación da nosa cultura popular e da nosa historia unha canle onde
publicar os seus traballos. FOL DE VELENO tamén está aberto ás achegas doutros
investigadores de fóra de Galiza e a traballos alleos ao ámbito galego mais que
pola súa temática poidan ser de interese para os lectores. Os ingresos obtidos
coa venda do anuario van destinados integramente ao financiamento deste
proxecto editorial como único xeito de garantir a viabilidade da publicación.
A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) é unha
asociación cultural sen ánimo de lucro cuxos obxectivos son a investigación e a
divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galiza, da súa cultura
tradicional —tanto material como inmaterial— e de todo os aspectos enmarcados
dentro do campo da antropoloxía social e cultural, así como a promoción de
todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en
beneficio da conservación, divulgación e investigación do acervo cultural
galego.
Para levar a cabo todo este labor, a sociedade conta
coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que
abrangue o proxecto. Ao abeiro da SAGA reúnense antropólogos, etnógrafos,
arqueólogos, historiadores, filólogos, artistas plásticos, restauradores de
arte, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores
comprometidos coa aventura cultural e social que significa SAGA.
Entre os proxectos que ten en marcha a Sociedade
Antropolóxica Galega cabe salientar:
·
A publicación
cuatrimestral do seu boletín informativo Caderno de Campo (ISSN:
2254-3406).
·
A edición do anuario Fol
de Veleno. Revista de Antropoloxía e Historia de Galiza. (ISSN:
2253-837)
·
A realización de
documentais e doutros traballos audiovisuais no eido da divulgación do
patrimonio material e inmaterial da cultura galega. Cítense: Comuneiros.
Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011), Sete
Camiños, encrucillada do tempo (2011), Metocas (2012), A
Sega (2012). Actualmente atópanse en fase de filmación dous
documentais Sementeira doCenteo e Campaneiros.
Os valedores dos sinos.
·
A organización de
presentacións, xornadas e conferencias sobre os temas obxecto da súa labor.
Como exemplo as “Xornadas sobre o Entroido en Galiza”,
celebradas en Pontevedra en febreiro de 2013 ou as -Charlas sobre a
Pedra Alta de Castrelo do Val, celebradas en Castrelo do Val en,
abril, 2012.
·
A posta en
marcha de proxectos de investigación antropolóxicas sobre diferentes aspectos
do campo das crenzas, da relixiosidade e do mundo simbólico galego.
·
A realización de
programas de posta en valor do patrimonio material e inmaterial. Nestes
momentos colabora activamente —como parte da súa comisión técnica— na posta en
marcha e divulgación do proxecto para a creación do Espazo Natural e
Arqueolóxico dos Sete Camiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario