26 jun. 2013

Campamento Urbano do Ateneo

Acto: Campamento Urbano do Ateneo Santa Cecilia
Día:  do 1 ao 19 de xullo.
Hora: 10h
Lugar: Local Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O vindeiro venres, 28 de xuño, remata o prazo de incrición para nenos e nenas no Campamento Urbano  que organiza o Ateneo Santa Cecilia.
O campamento desenvolverase do 1 ao 19 de xullo, polas mañás, de 10:00 a 14:00 horas. As actividades programadas son xogos populares, xornadas didácticas, clase de decoración de galletas, visitas á Escuela Naval Militar, algunhas xornadas de praia e actividades deportivas.
Todos aqueles nenos que desexen inscribirse poden porse en contacto co Ateneo Santa Cecilia por teléfono ao 986 88 02 83, ou ben pasar pola oficina de 09:00 a 14:00, o de 18:00 a 21:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario