17 sept. 2013

Homenaxe aos que defenderon a liberdade setembro 2013

Acto: Homenaxe aos que defenderon a liberdade
Día: 19-22-27 de setembro
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: APRMHM

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza este mes de setembro distintas actividades para homenaxeas a aqueles e aquelas que defenderon a liberdade.

Xoves 19 Setembro - 20:00 h.
Biblioteca Pública
Proxección de "As silenciadas"
Asistirán Aurora Marco (investigadora e guionista) e Pablo Ces (dirección e guionista)
Tal e como trasladan os autores, "trátase dun documental histórico que recupera historia de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio... O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e compre coñecelo".
Diversos premios recoñecen a súa calidade:
* Premio "Mestre Mateo 2011 Mellor documental" (Academia Galega do Audiovisual)
* Premio "Memória I Justicia Universal" 2011 do III Festival Internacional de Cine Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet.
* Finalista do III Certamen de Cine Documental 2011 de Santa Cruz de Moya.
* Finalista do Festival Primavera do Cine 2012 de Vigo.
* Premio Popular con Film Festival: Humanity Explored 2013.


Domingo 22 Setembro - 13:00 h.
Ofrenda floral no Pozo da Revolta (Bagüín - Mogor) 
Intervención de Alba Méndez de la Peña
Música: Felipe Rea, "o ghaiteiro de Estribela"


Venres 27 Setembro - 20:00 h.
Charla "Chile na memoria"
Intervirán: Luis Domínguez e Xulio Pardellas, profesores da Universidade de Vigo.
Música: Samu Acuña.
O pasado día 11 cumplíronse 40 anos do golpe militar en Chile contra o presidente Salvador Allende e que deu paso á dictadura do xeneral Augusto Pinochet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario