12 sept 2013

Xornadas do Mar

Acto: Xornadas do Mar
Día: do 6 ao 29 de setembro
Hora: 10h a 22h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia


As Xornadas do Mar de Marín, se crean a raiz do impulso que o Padroado de Mareantes San Miguel, realizou para declarar de Interese Turistico Galego a Danza de Espadas de Marín e acercar así, a Cultura do Mar ós cidadáns.
Estas IV Xornadas está dedicadas, ós Museos do Mar, que son o mellor soporte para a conservación, promoción e divulgación da Cultura do Mar, da Cultura Mariñeira.
Galicia crece dende o mar, os mariñeiros galegos están presentes en todos os mares do mundo, xa sexa na pesca, na mercante, en submarinos, en destrutores, en plataformas, … sempre atoparemos un galego, un mariñeiro.
O Museo do Mar de Galicia, o Museo Masso de Bueu, nacen a
carón do mar, ocupando o espazo de antigas fábricas, gardando entre os seus muros gran parte da historia marítima do noso mar. Artes de pesca, instrumentos de navegación, embarcacións, maquinaria industrial, especies mariñas e sobre todo a presenza viva, de todos aqueles que fixeron do mar a súa forma de vida e que nos mostran o rumbo que debemos tomar, para facer un mar sostible, un mar onde as novas xeracións atopen o seu medio de vida.
¡Sí!,.. os museos do mar non son unha ferramenta, senón mais ben unha maquina do tempo, que alimentada coa experiencia, co devir dos acontecementos mariños, produce unha enerxía que engadida ó presente, proxecta un futuro máis axeitado, a todas aquelas sociedades que os teñen presentes nos seus programas de ruta.
Os Centros de Interpretación Mariñeira, pensamos que poden ser necesarios para explicar situacións locais e acercar ós cidadás as raíces, do seu nacemento e
desenvolvemento como individuos, como sociedade do mar que somos.
Para o Ateneo Santa Cecilia e unha honra poder dedicar estas IV-Xornadas os Museos e as xentes que desenvolven o traballo para mantelos abertos, dinamizando os seus contidos para que nunca esquezamos, que a nosa riqueza ven do mar, pero tamén as nosas bagoas.

Non queremos esquecernos nestas Xornadas, da xente, das familias que perderon un ser querido no mar, eles son os principais protagonistas da Cultura do Mar, xa que forxaron co as suas vidas o carácter dos homes e mulleres mariños/as o todos eles/as o noso maior recoñecemento

No hay comentarios:

Publicar un comentario