26 oct 2013

Festa do Samaín do Ateneo Santa Cecilia

Acto: Festa de Samaín
Día: 2 de novembro
Hora: 17:30
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia celebra o Samaín o día 2 de novembro baixo o lema "NON ESTAMOS MORTOS, CONTINUAMOS VIVOS: SÚMATE A NÓS!!!!"
A xornada comezará cunha festa infantil na sede do Ateneo,na rúa Caracol nº 36 soto, ás 17:30 horas e durará ata as 20h. Nesta festa ademais de haber actividades como maquillaxe infantil, decoración de calacús, coreografías terroríficas, xogos e merenda tamén haberá un concurso de disfraces onde se premiará o disfraz máis ocurrente e o calacú máis orixinal.
Os prezos da festa, incluída a merenda, é de 2 € para socios e 4 € para non socios.Todos aqueles rapaces que desexen participar deben inscribirse ata o 31 de outubro no local do ateneo de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas, ou ben chamar ao teléfono 986 880 283
E xa pola noite, a partir das 21:30 haberá unha cea, elaborada por Cuqui Orjales, no multiusos da praza de abastos de Marín. Aquelas persoas interesadas en participar poderán facelo adquirindo as entradas anticipadas no propio local do ateneo ou no bar da praza de abastos a un prezo de 15€.

No hay comentarios:

Publicar un comentario