26 oct 2013

Festa do Samaín do Abeiro

Acto: Festa do Samaín do Abeiro
Día: 31 de outubro
Hora: 20h
Lugar: Salón da casa grande de Briz
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
Un ano máis a Asociación de Mulleres O Abeiro celebrará o tradicional Samaín o 31 de outubro desde as 20h até as 24h no salón da casa grande de Briz. Poderase gozar das sobremesas caseiras, produtos de outono e todas as lambetadas típicas de Todos os Santos. A festa, nun principio, é para as socias do Abeiro que poderán traer familiares e amig@s, aínda que calquera que se queira unir á festa pode facelo tan só con traer unha sobremesa e ganas de pasalo ben.


No hay comentarios:

Publicar un comentario