11 oct 2013

Inauguración de local e presentación de programación

Acto: Inauguración de local e presentación de programación
Día: 11 de outubro
Hora: 19h
Lugar: Antiga Aula Municipal de Música en Cantodarea
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín inaugurará este venres 11 de outubro ás 19h o novo local do que dispón na antiga aula de música municipal en Cantodarea. Durante a inauguración terá lugar a presentación da programación para este mes de outubro e novembro coa que a asociación dará comezo a este novo curso 2013-2014. Así mesmo, informará dos horarios nos que estará aberto o local para que veciñas e veciños de Marín poidan achegarse a asociación, denunciar calquera caso de discriminación lingüística e facer calquera xestión relacionada coa lingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario