4 dic 2013

Festa do Magosto

Acto: Festa do Magosto
Día: 7 decembro
Hora: a partir das 16horas
Lugar: Praza do Reloxo (Igrexa Vella)
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín celebrará un magosto popular este vindeiro sábado, 7 de decembro,  a partir das 16h na praza do Reloxo de Marín, ao carón da igrexa vella de Marín.
No marco da cultura popular, o magosto, e en xeral as festas anuais, teñen un lugar fundamental pois constituen algunhas das manifestación máis xenuínas da nosa cultura. Arredor do magosto existen múltiples tradicións e crenzas populares que a globalización uniformizadora está a facer que se perdan.
Moitos concellos e lugares da contorna de Marín organizados por asociacións ou polos propios concellos xa celebraron os seus magostos e a nosa vila non podía ser menos por iso desde a nosa asociación non queríamos as e os marinenses perderan a oportunidade de gozar dunha festa como o magosto e non degustar tan sabroso manxar.
Durante o magosto repartiranse máis de 150 kilos de castañas entre as persoas que se acheguen podendo tamén gozar coa música tradicional dun cuarteto que amenizará a festa. Desde a asociación queremos animar tamén a quen quixer a traer un instrumento e participar da festa tocando algunha peza.

Por outra banda, lembramos que segue aberto o prazo de inscrición ao obradoiro de teatro que comezará tamén este mesmo sábado no salón de actos da casa da Comunidade de Montes de San Xulián a partir das 11:30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario