Acto: IX Semana do Mar
Día: Do 2 ao 8 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Casa da Cultura de Seixo
Día: Do 2 ao 8 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Casa da Cultura de Seixo
Organiza: Grupo Cultural O Ronsel e
Asoc. de Pescadores de Aguete "Chirleu".
O Grupo Cultural O Ronsel e a Asoc. de
Pescadores de Aguete "Chirleu" organizan un ano máis a Semana do Mar
na casa da cultura de Seixo entre os días 2 e 8 de decembro.
O programa de actividades consta de
distintas actividades que van desde charlas, proxeccións ata unha saída a
visitar ás Salgadeiras de Moreiras no Grove, pasando por unha saída á ría en
embarcacións tradicionais.
A seguir reproducimos o programa:
- Luns 2 de decembro ás 20h apertura da IX Semana do Mar coa exposición "Pequena Guía de Embarcacións Tradicionais".
- Martes 3 de decembro ás 20h proxección do documental "O mar do fin do mundo: o reino dos cefalopodos" de José Irisarri.
- Mércores 4 de decembro ás 20h conferencia "Traballo de conservación sobre o salmón atlántico, e o reo ou troita de mar" impartida por Pablo Caballero Javierre e con imaxes de Gonzalo Gamallo.
- Xoves 5 de decembro ás 20h conferencia "O turismo pesqueiro" impartida por Xulio Pardellas de Blas.
- Venres 6 de decembro ás 9:15 desde a casa da cultura de Seixo visita ás Salgadeiras de Moreiras no Grove.
- Sábado 7 de decembro ás 20h conferencia "Historia do universo (o Big Bang): a orixe da navegación astronómica" impartida por José Rodríguez Boullosa.
- Domingo 8 de decembro ás 11h desde o porto de Aguete saída a vela en embarcación tradicional.
- Domingo 8 de decembro ás 18h proxección do documental "Mar de velas" de Pemón Bouzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario