Acto: Homenaxe aos executados o 31 de decembro de 1936: Alcalde e veciños por defender as liberdades
Día: 31 de decembro
Día: 31 de decembro
Hora: 13h
Lugar: Paseo Alcalde Blanco Solla
Organiza: APRMHM
Organiza: APRMHM
O martes 31 de decembro ás 13:00 horas no Paseo "Alcalde Blanco Solla" de Marín terá lugar o un acto en recordo e homenaxe a un grupo de 11 marinenses executados polas forzas militares sublevadas.
Albino Agraso Santamaría, Armando Iglesias Pérez, Bernardino de la Torre Fernández, Demetrio Lorenzo Ordoñez, Santiago Ramos Ramos e o alcaldeAntonio Blanco Solla que foron fusilados o 31 de decembro de 1936 en Monte Porreiro (Pontevedra).
Amable Soto González "Virulo", Eugenio González Veiga "Conexo", Juan Domínguez Tourón "Pirón" e Santiago García Area "Pixota" que protagonizaron o 22 de xuño de 1937 a fuxida do vapor "Avión" con porto base en Marín. Diríxense ao Mediterráneo pero a evasión fracasa cando son apresados nos arredores de Lisboa e deportados. Foron fusilados en Pontevedra o 27 de xaneiro de 1938.
Urbano Rodríguez Moledo, sindicalista, poeta e dramaturgo nado en Marín en 1902 e que foi fusilado no castelo do monte do Castro (Vigo) o dez de decembro de 1936.
Escritor en lingua galega, baixo o claro influxo do ideario estético das Irmandades da Fala. Foi, tamén, activista sindical, comprometido precozmente coas Juventudes Socialistas de Marín e, despois residindo en Vigo, durante a República, como dirixente de UGT, ademais de manter unha posición ideolóxica na que se vencellaba a dobre vertente galeguista e socialista ("marxista"). Ademais, Urbano foi un grande animador societario e cultural no concello de Lavadores, onde presidiu o Ateneo Deportivo Obreiro.
Neste acto de recordo e homenaxe intervirá Rexina Vega, escritora e profesora universitaria. É premio Sthendal e finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec "El secuestro". No ano 2007 obtivo o XXIV Premio Xerais de Novela con "Cardume", inspirada no recordo histórico e ficcionado do seu devanceiro Urbano R. Moledo, figura silenciada durante sete décadas e que Rexina sacou das sombras do esquecemento colectivo.
O acto rematará cunha ofrenda floral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario