4 dic. 2013

Presentación "José Silvent Martínez, O mítico Barriga Verde"

Acto: Presentación "José Silvent Martínez, O mítico Barriga Verde"
Día: 12 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Local Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia de Marín e Urco Editora presentarán o xoves 12 de decembro ás  20h no local do ateneo o libro “José Silvent Martínez, o mítico BARRIGA VERDE” de Xaime Iglesias González.
No libro nárrase a historia deste mítico artista que percorreu toda Galicia coa súa barraca de títeres e os seus espectáculos na primeira metade do século pasado. O seu gran éxito foi crear un boneco ao que deu o nome de Barriga Verde. Foi tan popular que o propio creador acabou sendo coñecido por ese sobrenome.

O acto será presentado por Angel García Carragal e intervirán David Cortizo e Xaime Iglesias, editor e autor respectivamente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario