29 ene 2014

Debate: "O estado da autonomía"

Acto: Debate "O estado da autonomía"
Día: 7 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Clube de Opinión PORTOCELO continua a súa programación deste primeiro trimestre do ano cos viceportavoces dos grupos parlamentarios Román R. González (PP); Carmen Gallego (PSOE) o deputado Xabier Ron (AGE) e o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, que acudirán a Marín para participar como contertulios no ‘Debate sobre o estado da Autonomía’ que terá lugar o vindeiro día 7 de febreiro. 
No debate, que estará dirixido polo periodista e politólogo, Anxo Lugilde, cronista político do rotativo ‘El Progreso’, ‘Diario de Pontevedra’ e ‘La Vanguardia, porase de manifesto, desde os distintos puntos de vista de cada grupo político,  e mesmo desde o público asistente que poderá intervir de forma interactiva cos poñentes, a situación actual de Galicia, tras transcorrer un ano da segunda lexislatura do PP ao frente da Xunta de Galicia: os recortes en Sanidade e Educación; as elevadas taxas de desemprego; a reforma da Lei Electoral e redución de escanos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario