18 feb 2014

Mil cores para Rosalía.

Acto: Inauguración "Mil cores para Rosalía"
Día: 23 de febreiro
Hora: 13 horas
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
Para celebrar un ano máis o Día de Rosalía, este 24 de febreiro, a Asociación Queremos Galego Marín inaugurará este domingo 23 a partir das 13h unha exposición sobre a figura e obra da célebre autora. Baixo o lema "Mil cores para Rosalía" preséntase unha exposición conxunta de ilustradoras e ilustradores do noso país.
A exposición poderá visitarse nos horarios habituais do Museo Manuel Torres ata o vindeiro domingo 2 de marzo.
Nas actuais circunstancias a Asociación Queremos Galego Marín cre preciso, máis que nunca, reivindicar a figura desta muller forte e loitadora que coa súa obra contribuíu á revalorización social e cultural do noso idioma, á vez que denunciaba a situación lingüística e social da Galicia do seu tempo.
No acto de inauguración ademais de intervir algunhas e algúns dos deseñadores das ilustracións contaremos cunha pequena actuación musical do cantautor marinense, Samu Acuña, quen realizará algunha versión de poesías de Rosalía de Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario