19 ene 2014

I Serán Pousos da Area

Acto: I Serán Pousos da Area
Día: 25 de xaneiro
Hora: 21 horas
Lugar: Multiusos Mercado de Abastos
Organiza: Pousos da Area
A agrupación cultural e folclórica Pousos da Area quere recuperar os seráns, reunións de carácter festivo que se celebra desde hai moitos séculos nas aldeas de Pontevedra e Ourense ao caír o día, e organiza un serán para o vindeiro sábado 25 de xaneiro no multiusos do mercado de abastos.
Aínda que xa están confirmadas a presenza de "Os Trazantes de Tenorio", "Airiños da Fracha", "Marialeva", "Os Alegres" e "O Gharaboto" no evento poderán tamén participar todas as e cantadores e músicos que o desexen, inscribíndose previamente no facebook da asociación, no correo afpousosdaarea@gmail.com ou xa no propio serán.
 Ademais de música e baile, para quentar os corpos ofrecerase de forma totalmente gratuíta chocolate con rosca a todas as persoas que asistan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario