Acto: Proxección documental
"Sicko"
Día: 23 de xaneiro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca Municipal de Marín
Día: 23 de xaneiro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca Municipal de Marín
Organiza: Movemento
Veciñal a Prol dos Bens Comúns
O xoves 23 de xaneiro
ás 20h na biblioteca de Marín o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns
proxectará o documental “Sicko” do director estadounidense Michael Moore.
“Sicko”, estreado no ano
2007, describe o sistema sanitario dos Estados Unidos baseado no aseguramento
privado da cobertura dos beneficios sanitarios, o que dificulta o acceso a un
sistema de saúde de calidade e universal a millóns de cidadás e cidadáns
estadounidenses.
A reacción do
establishment político e mediático ante “Sicko” foi o de intentar desacredítalo
por todos os medios, así a pesar do grande éxito de taquilla a grande maioría
dos medios de información trataron de ridiculizar o documental e ocultar ou
disfrazar unha realidade que fai que arredor de 18.000 persoas morran ao ano pola
falta de atención médica, e que 46 millóns non teñan ningún tipo de cobertura
sanitaria e outros 102 millóns teñan unha cobertura insuficiente.
A sanidade pública en
Estados Unidos cubre o presidente, os membros do congreso, os membros das
forzas armadas, así como arredor do 52% do gasto incorrido polas persoas
anciáns. O goberno federal e estatal pagan as facturas médicas do 12% da
poboación empobrecida. Non é de extrañar pois que unha das maiores
preocupacións das e dos estadounidenses sexa o pago das facturas médicas e das
polizas de seguro privado pois a imposibilidade de facerlle fronte é unha das
maiores causa de bancarrota familiar.
Coa proxección deste
documental o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns pretende concienciar a
veciñanza de cara a onde queren conducir o noso sistema sanitario. Tal e como
manifestaban Manuel Martín e María Luisa Lores durante a presentación do libro “A
contrarreforma sanitaria” imos camino dunha sanidade privada onde as e os que
teñan cartos poderan sandar e as e os que non veranse privados dunha sanidade
pública e universal como acontece na actualidade en Estados Unidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario