10 ene 2014

Presentación "A contrarreforma sanitaria"

Acto: Presentación "A contrarreforma sanitaria"
Día: 17 de xaneiro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca Municipal de Marín
Organiza: Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns
O vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 20h na biblioteca de Marín o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns contará coa presenza de Manuel Martín (médico de atención primaria no centro de saúde de Seixo e portavoz de SOS Sanidade Pública) e María Luisa Lores Aguín (médico radióloga do Complexo Hospitalario de Pontevedra) para a presentación do libro "A Contrarreforma sanitaria".
Un dos sistemas de protección social que se está desmantelando de xeito sistemático no estado español é a sanidade pública. Así o afirman as e os autores desta obra, quen, tras analizar o proceso de privatización neoliberal que politicamente se impuso en decenas de países occidentais nos anos setenta, amosan como, aproveitando a actual situación de crise, se está a producir unha ofensiva, acelerada e de grande intensidade, para destruíla e privatizala. Este libro sen dúbida resultará útil para entender a política privatizadora levada a cabo no noso estado. Mais, sobre todo, aporta argumentos claros para consolidar a oposición ás privatizacións, desvela os intereses que xustifican esas políticas e supón un instrumento de loita para garantir o dereito á protección da saúde da poboación.
movementobenscomuns.wordpress.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario