24 abr 2014

Aberto de billarda das festas de San Xosé do Cantodarea

Acto: Aberto de billarda das festas de San Xosé do Cantodarea
Día: 1 de maio
Hora: 17h
Lugar: Recheo de Cantodarea
Organiza: Asociación Cultural Deportiva O Gharaboto
O xoves 1 de maio ás 17h a Asociación Cultural Deportiva O Gharaboto organiza un aberto de billarda correspondente á 8ª xornada da Conferencia Sur da Liga Nacional de Billarda.

A inscrición do aberto de billarda é gratuíta e aberta para todas as persoas interesadas en participar, podendo facelo ata a propia hora do comezo do aberto. Os gañadores do aberto levarán como premio unha caixa de cigalas de Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario