23 abr 2014

Proxección "A pegada dos avós"

Acto: Proxección "A pegada dos avós"
Día: 25 de abril
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: APRMHM
Este venres, 25 de abril, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín proxectará o documental “A pegada dos avós”, de Xosé Abad, ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal Vidal Pazos; un proxecto que ten como coprotagonistas a un grupo de alumnas e alumnos do instituto Adormideras de A Coruña, que buscan respostas entrevistando a persoas que viviron e sufriron as terribles consecuencias do alzamento franquista, para intentar comprender o drama da represión e da dictadura; falan, ademais, con expertos neste tema como o escritor Manuel Rivas e o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), Fernando Souto.
Este documental ven de gañar o VIII Encuentro Hispanoamericano de Cine y Video Independiente “Contra el Silencio Todas las Voces”, celebrado en México (no apartado de “Movimientos sociales y organización ciudadana”); esta cinta, que acada este galardón neste primeiro certame no que participa, e que tamén estivo nominada ós Premios Mestre Mateo XIII (na categoría de mellor documental), xurde, segundo explica Abad, tras a rodaxe de “O segredo da Frouxeira”, que tamén obtivo recoñecementos como o premio á mellor longametraxe no II Festival Primavera do Cine de Vigo.
Mesa redonda e actuación musical
Nesta ocasión, contaremos coa presenza do propio Xosé Abad na posterior mesa redonda que terá lugar e na que tamén participarán mozos e mozas marinenses, para debater e expor opinións, experiencias e posturas sobre este tema.
E para amenizar e por o broche final, contaremos coa actuación musical de Samu Acuña e Laura Romero.
40 anos da Revolución dos Capitáns
A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín terá tamén unha referencia especial durante este acto, para conmemorar tan sinalada data para o país veciño, Portugal, cunha lembranza especial para a Rebelión dos Capitáns, que este 25 de abril cumpre o seu 40 aniversario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario