9 abr 2014

Homenaxe a Antonio Machado "Se hace camino al andar"

Acto: Homenaxe a Antonio Machado "Se hace camino al andar"
Día: 24 de abril
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Coincidindo coa exaltación do 83 aniversario da Segunda República Española, o Club de Opinión Portocelo organiza un acto conmemorativo do falecemento de Antonio Machado hai 75 anos, e que baixo o título de "se hace camino al andar" terá lugar na biblioteca pública municipal o vindeiro día 24, xoves, ás 20 horas.
O programa acolle unha conferencia e proxección de documentación audiovisual sobre o recordado poeta a cargo dun profesor do Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES 'Illa de Tambo', e a lectura dramatizada dunha selección de poemas machadianos ('Camiñante non hai camiño', 'A Seta', 'Españolito que vés ao mundo'...) escenificada por un elenco de recitadores encabezado pola actriz de cine e TVGMayka Brañas ('Libro de Familia', 'Os luns ao sol', 'Heroína'...); e formado por Juan García, director do grupo de teatro 'Arume' ('A Paixón do Señor'); o rapsodo pontevedrés, José Luis Fernández Sieira; e as escritoras e poetas Carmen Gago e María do Carme Alonso (Unión de Escritores de España). O recital contará ademais coa actuación á guitarra de José Iglesias Prado e María Acuña (da agrupación 'Pousos da Area'), que porán música ao recital e pecharán o programa interpretando unha canción musicada e cantada con letra dun dos máis significados poemas machadianosA organización conta coa colaboración do IES 'Illa de Tambo' e a Universidade Internacional de Andalucía (Campus Antonio Machado). A entrada é libre a toda persoa que desexe asistir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario