24 abr 2014

I Festival/ Exhibición Pro Riders Festas do Cantodarea

Acto: I Festival/ Exhibición Pro Riders Festas do Cantodarea
Día: 4 de maio
Hora: 17H
Lugar: Skatepark do Parque Azul de Cantodarea
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Marín Pro Riders

Dentro do programa de festas do Cantodarea haberá un momento para os deportes das rodas(skate, bmx, scooter, roller), será o domingo 4 de maio a partir das 17,00 h. no skatepark do Parque Azul do Cantodarea (Marín).
Horarios:
12:00-17:00, inscricións e quecemento
17:00-21:00, exhibicións, concursos, circuitos
21:00 sorteos material, agasallos e trofeos
A inscrición é gratuita e estará aberta ata a mesma hora de inicio, sendo necesaria para os menores de 18 anos unha autorización asinada polos titores legais e acompañada da fotocopia do DNI do asinante (pai, nai ou titor legal). Será imprescindible o uso de casco.
Ademais, os cativos e menores que vaian facer uso das rampas e circuitos dirixidos aos principiantes, estarán acompañados por un adulto (pai, nai, responsable legal).
Complementariamente ás exhibicións levaranse a cabo concursos de salto e outros, aos que poderán acceder todo os inscritos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario