2 may 2014

Proxección: "Las maestras de la república"

Acto: Proxección "Las maestras de la república"
Día: 8 de maio
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: APRMHM
Este xoves 8 de maio, ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal Vidal Pazos, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín proxectará o documental “Las Maestras de la República”, da directora e guionista Pilar Pérez Solano e recentemente gañador dos Goya 2014 na súa categoría.

Este documental, a través da recreación dunha mestra da época e de imaxes de arquivo inéditas, descúbrenos o legado daquelas mestras que foron “mulleres valentes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, basada nos principios da escola pública e democrática”; lembrando o momento histórico que viviron e a súa contribución na trasformación social mediante a educación.

Con este acto, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín pecha o programa de actividades organizadas con motivo da conmemoración do 83 aniversario da proclamación da II República, que se iniciaron o pasado mes de abril coa conferencia sobre mestras e mestres de Marín represariados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario