26 may 2014

Club de lectura "Eugènie Grandet"

Acto: Club de lectura "Eugènie Grandet"
Día: 30 de maio
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro celebra este venres, 30 de maio, ás 18h unha nova xuntanza do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é "Eugènie Grandet" do que hai unha referencia un pouco máis abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Eugènie Grandet é unha novela de Honoré de Balzac publicada por primeira vez no semanario L´Europe littéraire (Europa Literaria) en setembro de 1833 foi publicada no ano seguinte en forma de libro pola casa editorial Madame Charles-Béchet.
Honoré de Balzac (1799-1850), cuxo nome orixinal é Honoré Balssa, foi un escritor de novelas clásicas que figura entre os grandes nomes da literatura universal, sendo o iniciador do realismo no seu país.
Eugènie Grandet trata da paixón despertada nunha moza provinciana de 23 anos que vive cos seus pais en Saumur, nas marxe do Loire, e o seu curmán parisiense e aristocrático, que veu a aquela cidade por recomendación do seu pai, que logo de seguido se suicida debido ás súas débedas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario