2 may 2014

Presentación "50 lugares mágicos de Galicia"

Acto: Presentación "50 lugares mágicos de Galicia"
Día: 9 de maio
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión Portocelo organiza a presentación de "50 lugares mágicos de Galicia", que xa vai pola súa cuarta edición, do escritor Carlos G. Fernández. Trátase dunha interesante obra de investigación sobre os mitos, ritos e crenzas de Galicia, e entre os que se atopan algúns dos situados nas parroquias de Marín. A presentación terá lugar o venres, día 9 de maio, no Museo Municipal M. Torres acompañada dunha muestra fotográfica dos destinos propostos no libro que estará exposta ata o domingo 18. 
CARLOS GABRIEL FERNÁNDEZ é escritor e periodista. Traballa na actualidade no rotativo Diario de Pontevedra e colabora semanalmente no programa Milenio da Radio Galega. É autor de centenares de artigos e reportaxes sobre temas relacionados cos mitos e as crenzas, así como sobre fenómenos insólitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario